Tuesday 16 de April de 2024

Unha trintena de nenas e nenos de Touro disfrutan do Nadal Lúdico


Unha trintena de nenas e nenos de Touro disfrutan estes días de vacacións do Nadal Lúdico, un Nadal de Cores, unha actividade que organiza o Concello de Touro e pretende ser unha alternativa de ocio y de ocupación do tempo de lecer dos máis pequenos dun xeito educativo e lúdico durante as vacacións do Nadal. Esta actividade tamén permite conciliar vida familiar e laboral. O Nadal Lúdico en Touro comenzou o día 23 de decembro e desenvólvese durante esta semana de 10.00 horas á 14.00 horas na Biblioteca Pública, ubicada na sede do Concello de Touro, en Fonte Díaz. O Nadal Lúdico de Touro rematará o próximo 5 de xaneiro.